CIT A R T E L I V R E
C O M P A N H I A I N T E R N A C I O N A L D E T E A T R O D E R E P E R T Ó R I O
“Inicio da década dos 70. América vive en plena crise de identidade pola “Revolución dos 60”, época en que moitos aínda non entenden como todo mudou.
No país das oportunidades tamén hai lugar para o desespero, a impotencia e a desilusión. Especialmente nun suburbio pobre, e máis que típico da nación mais rica do mundo onde deparamos coa familia Hunsdorfer e todo o que lles resta: unha casa degradada onde hai pouco espazo para os soños e aspiracións. Beatriz, viúva, excéntrica e irada pola vida, vive coas súas dúas fillas adolescentes: Ruth, a máis vella, epiléptica, volúbel e facilmente subornábel cun cigarro; e Matilde, a pequena futura científica que soña con átomos, cría coellos e cre na vida, na esperanza e no efecto dos raios gamma nas margaridas do campo. Beatriz mantén a súa familia có pouco que consegue gañar coidando maiores doentes (Nani) na súa casa até ao último día das súas vidas. A mestura do cheiro da morte coa memoria dos defuntos e o odio latente de Beatriz por tódalas cousas impregna a casa como un gas velenoso que, lentamente, vai corroendo as almas de tódolos que nela habitan. Ou case todos. Matilde parece negarse a aceptar que a vida sexa tan horríbel e resiste sucumbir ao ambiente que a rodea. Mais por canto tempo? Nesta casa, a incerteza, o hilarante, a vergoña, o amor, o desespero, a mediocridade e o odio puro deambulan polo ar nun malabarismo inquietante. Mentres… lindas flores poden crecer no mais nauseabundo monte de estrume.”
O AUTOR
Paul Zindel naceu o 15 de maio de 1936 e Staten Island, Nova York. En 1974, a peza “O Efecto dos Raios Gamma nas Margaridas do Campo” valeulle o Premio Pulitzer de Teatro. Aclamado polo público e pola crítica, Zindel destacou como autor de literatura para adolescentes pola súa linguaxe innovadora, accesíbel e sobre todo pola complicidade que desenvolveu a través dos seus libros coa incomprendida xuventude. Hoxe, as obras de Paul Zindel son parte obrigatoria do currículo de tódolos liceos norte-americanos. A súa frase mais célebre: “Escribo para persoas as que non lles gosta ler”
O Efecto dos Raios Gamma nas Margaridas do Campo
Paul Zindel
Roberto Cordovani | Bruno Portela | Laura Alvarez | Andrea Nespereira




